LOGO_HORIZONTALLOGO_HORIZONTAL_NEGATIVOAbtemas-logo-HTLOGO_HORIZONTAL_NEGATIVO
  • Inicio
  • Traballos
  • Blog
  • Equipo
  • Contacto
  • Zona privada
  • ES
  • GL
  • EN
✕

Aviso legal

Este espazo está comprometido cos dereitos das súas usuarias e usuarios. Por ese motivo, atoparás aquí toda a información que precisas coñecer sobre este sitio web, coa máxima transparencia e rigor. Os servizos e produtos están dispoñibles unicamente para persoas xurídicas e para persoas maiores de 16 anos.

Este sitio web cumpre coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), e coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI).

Datos identificativos

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, facilítanse os seguintes datos do titular deste sitio web.

  • Empresa titular Abtemas SL
  • Enderezo social Neira de Mosquera, 8, 4.º A — Santiago de Compostela
  • CIF B70113766
  • Rexistro mercantil Inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela
  • Correo electrónico dpd@abtemas.es

Usuarias e usuarios

O acceso e uso deste portal atribúe a condición de usuario ou usuaria, que acepta, desde ese mesmo momento, as condicións xerais de uso aquí recollidas. Estas condicións son de aplicación con independencia das condicións xerais de contratación que, no seu caso, resulten de obrigado cumprimento.

O uso dos servizos implica a aceptación plena e sen reservas de todas as disposicións incluídas neste aviso legal na versión publicada no momento do acceso.

Uso do portal

O sitio web www.abtemas.es proporciona acceso a informacións, servizos, programas ou datos pertencentes a Abtemas SL ou aos seus licenciantes. O usuario ou usuaria asume a responsabilidade do uso do portal, incluíndo calquera rexistro que sexa necesario para acceder a determinados servizos ou contidos.

En caso de rexistro, a persoa usuaria será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia de devandito rexistro, pode facilitárselle un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.

A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos ofrecidos a través do portal, e en particular a non empregalos para

  • incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública;
  • difundir contidos de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorios contra os dereitos humanos;
  • provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Abtemas SL, dos seus provedores ou de terceiras persoas, ou introducir na rede virus informáticos ou outros sistemas susceptibles de causar danos;
  • tentar acceder ás contas de correo electrónico doutras persoas usuarias ou manipular as súas mensaxes.

Abtemas SL resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegacións que vulneren a dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atentan contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resulten axeitados para a súa publicación. En ningún caso Abtemas SL será responsable das opinións vertidas polas persoas usuarias a través de foros, chats ou outras ferramentas de participación.

Protección de datos

En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), e do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), infórmase de que os datos facilitados pola persoa usuaria poderán incorporarse aos tratamentos cuxa persoa responsable é Abtemas SL.

Os tratamentos de datos realizaranse exclusivamente para finalidades propias da relación xurídica que vincula a Abtemas SL coa persoa usuaria, así como para materias propias da actividade desenvolvida pola empresa.

Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais. Non se cederán a terceiros agás nos casos en que exista unha obrigación legal que así o esixa.

A persoa usuaria pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento, nos termos legalmente previstos, dirixíndose por escrito á persoa responsable do tratamento no enderezo indicado ou a través do correo electrónico dpd@abtemas.es. Para máis información, consulta a nosa política de privacidade.

Propiedade intelectual e industrial

Abtemas SL, por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do seu sitio web, así como dos elementos contidos nel: imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, entre outros. Todos eles son titularidade de Abtemas SL ou dos seus licenciantes.

En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública —incluída a súa modalidade de posta á disposición— da totalidade ou parte dos contidos deste sitio web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización expresa de Abtemas SL.

A persoa usuaria poderá visualizar os elementos do portal e imprimilos, copialos ou almacenalos no seu dispositivo, sempre e cando sexa única e exclusivamente para uso persoal e privado. En ningún caso poderá suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade instalado nas páxinas de Abtemas SL.

Exclusión de garantías e responsabilidade

Abtemas SL non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionarse por erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal, ou a transmisión de virus ou programas maliciosos nos contidos, malia ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Modificacións

Abtemas SL resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos prestados a través do mesmo como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados.

Ligazóns

No caso de que en www.abtemas.es se incluísen ligazóns ou hipervínculos a outros sitios de internet, Abtemas SL non exercerá ningún tipo de control sobre eses sitios nin os seus contidos. En ningún caso asumirá responsabilidade algunha polo contido de ningunha ligazón a un sitio alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, veracidade ou validez de calquera información contida en tales hipervínculos. A inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión nin participación coas entidades conectadas.

Dereito de exclusión

Abtemas SL resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e os servizos ofrecidos, sen necesidade de previo aviso, a instancia propia ou de terceiro, ás persoas usuarias que incumpran as presentes condicións xerais de uso.

Xeneralidades

Abtemas SL perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

Modificación das condicións e duración

Abtemas SL poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas. As presentes condicións estarán vixentes ata que sexan modificadas e substituídas por outras, que serán publicadas con igual forma e accesibilidade neste mesmo portal.

Lexislación aplicable e xurisdición

A relación entre Abtemas SL e a persoa usuaria rexerase pola normativa española vixente. Calquera controversia que puidese derivarse de devandita relación someterase aos xulgados e tribunais que resulten competentes conforme á lexislación procesual aplicable.

  • Que facemos
  • Compromiso coa igualdade
  • Compromiso social
  • Xeomentores

Neira de Mosquera 8
15702 Santiago de Compostela. A Coruña.
abtemas@abtemas.es

© 2026 Abtemas SL · · Todos los derechos reservados · Aviso Legal · Política de Privacidad · Política de Cookies
    GL
    • ES
    • GL
    • EN