Contamos coa axuda de profesionais e empresas.

Francisco Castillo
Dr. Xeógrafo colaborador experto en Clima e Educación.
Desenvolveu o seu traballo científico no campo da Climatoloxía. Con longa experiencia na formación do profesorado. Nos últimos anos traballou no ámbito da xestión territorial. Foi Xefe de Servizo de Paisaxe e Director do Departamento Técnico de Estudos do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Na actualidade, compaxina o seu labor docente con diferentes proxectos vinculados ao mundo da paisaxe, o clima e o territorio.

Sgifredo Martín Sánchez
Arquitecto, colaborador experto en Planificación e rexeneración urbana.
Arquitecto Urbanista. E.T.S.A. pola Universidade de Madrid. 1975 COLEXIADO COAVN: Nº 554. A súa extensa actividade profesional iníciase no seo do estudo 3G ARQUITECTOS, entre 1975 e 2015, e desenvolveuse tanto no ámbito da Ordenación do Territorio e o Urbanismo, como da Arquitectura, atendendo especificamente tarefas de ordenación e deseño, tanto urbano como arquitectónico. En materia de Urbanismo destacan, entre outros os plans xerais de Viana e Alfaro así como os Plans Especiais de Protección e Reforma Interior PEPRI do Casco Antigo e os Ensanches I e II de Pamplona, PEPRI do Casco Antigo de Tudela, PEPRI do Casco Antigo de Alcañiz, Reforma do Plan Parcial Rochapea, e Plan Parcial Arrosadía- Lezkairu de Pamplona.

César Arquero Cabral
Biólogo e analista de datos ambientais.

Juan Carlos Maneiro
Biólogo. Colaborador especialista en xestión pesqueira e acuicultura.
Biólogo. Desempeñou a súa actividade laboral fundamentalmente ligado á Xunta de Galicia con especialización no control da calidade do medio mariño, a aplicación da normativa técnico-sanitaria dos produtos mariños e a xestión pesqueira (pesca, marisqueo e acuicultura), onde desempeñou diversos cargos directivos entre os que cabe sinalar: Director Técnico do Centro de Control dá Calidade do Medio Mariño; Director do mesmo Centro con categoría de Director Xeral da Xunta de Galicia; Director Xeral do INTECMAR; Director Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Secretario Xeral do Mar da Consellería do Mar; Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar. Bo coñecedor da organización e dos procedementos, metodoloxías e ferramentas administrativas da Xunta de Galicia. Entre os labores desenvolvidos cabe destacar a dirección da xestión administrativa dos recursos mariños, a xestión do Fondo Europeo da Pesca (FEMP) e a participación na elaboración do corpo lexislativo pesqueiro de Galicia

Augusto Pérez-Alberti
Catedrático de Xeografía Física. Colaborador en Xeomorfoloxía e Paisaxe.
Foi profesor titular ata o ano 1999 e catedrático desde 1999 a agosto de 2018 na universidade de Santiago de Compostela, ademais foi profesor convidado nas universidades de Le Mans e Nantes (Francia) e Neuquen (Arxentina). Foi investigador visitante nas de Guelph (Ontario, Canada), Laval (Quebec, Canadá), Montevideo (Uruguai), Mendoza (Arxentina), Sao Paulo (Brasil), ESPE (Quito, Ecuador) e Universidade de Chile (Santiago. Chile). As súas principais liñas de investigación céntranse na xeomorfología glaciar e periglaciar; xeomorfología de costas rochosas; estudos integrados do medio natural e paisaxe. Levou a cabo investigacións en España, Portugal, Arxentina, Uruguai, Marrocos, Chile e a Antártida.


