Axudámosche a innovar adaptándonos ás túas necesidades.


A formación constitúe para nós una das liñas estratéxicas máis determinantes. O noso proxecto, articúlase sobre os seguintes eixos:

Asesoramento.

O diagnóstico e o asesoramento en materia de formación para empresas e institucións constitúe o noso primeiro eixo de traballo. Nel incluímos, tanto a análise de necesidades, como a elaboración de informes coa proposta formativa específica, nalgunha das liñas temáticas nas que estamos especializados.

Deseño integral de actividades formativas.

O noso programa, articulado de forma modular, permítenos ofertar un deseño integral de diferentes actividades formativas, no que incluímos a definición de obxectivos, metodoloxía, contidos e avaliación, baixo a modalidade que mellor se adecúe ás necesidades e á temática demandada polo cliente. Falamos de cursos, seminarios, talleres ou grupos de traballo especializados, entre outros.

Docencia especializada.

<p<Finalmente, ofertamos docencia especializada, baixo calquera modalidade, nalgunha das liñas temáticas da nosa empresa: ordenación territorial, xestión e ordenación da paisaxe, urbanismo, medio ambiente, sistemas de información xeográfica, sustentabilidade, etc.