Pensar espacialmente é unha competencia esencial na sociedade actual.
Un dos nosos compromisos sociais reside en levar a experiencia en Sistemas de Información Xeográfica ás aulas.
Estes sistemas permítennos introducir habilidades cognitivas de orde superior, cun enorme potencial para o deseño de tarefas integradas -produtos sociais relevantes- que garanten a “construción” de aprendizaxes significativas.
A través dos SIX adquírense competencias asociadas a:
• Función descritiva. Localización de obxectos sobre o espazo e relacións topolóxicas.
• Función analítica. Comprender estruturas e patróns espaciais.
• Función inferencial. Recoñecer funcionalidades, dinámicas e xerarquías espaciais e a súa evolución temporal.
Por todo iso desde Abtemas colaboramos no programa de Xeomentores de ESRI, un programa que facilita o acceso á súa tecnoloxía.