Temos un compromiso claro coa igualdade de xénero.
Dereito fundamental esencial para construír un mundo pacífico, próspero e sostible.
Abtemas obradoiro de estudos ambientais e sociais, é unha empresa dedicada á consultoría e asesoramento. Desde a súa orixe, caracterizouse por situarse en proxectos relacionados coa eficiencia ambiental e a cohesión social, entendidas ambas como pezas fundamentais na procura dun desenvolvemento sostible e dun futuro de equidade social.
Con estas bases, conscientes da condición da microempresa, vén elaborando unhas guías de boas prácticas profesionais. Unhas guías que no actual contexto de crise social e ambiental cobran unha especial relevancia, nas que todas as persoas e empresas están chamadas a facer a súa contribución, por pequena que sexa, na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas cos que ABTEMAS está comprometido.
Se queres saber máis sobre o noso compromiso ou precisas adherirte ao noso plan de colaboración con ABTEMAS, envíanos un correo electrónico ou enche o formulario de contacto indicando no asunto PLAN DE IGUALDADE.