Somos un equipo apaixonado polo que fai ao servizo dos nosos clientes e da contorna a que pertencen.

Dalia Alende
No ano 2007 funda a empresa como Taller de Estudos Territoriais Medio Ambientais e Sociais, o que lle dá o nome de abtemas. Dende entón desenvolveu diferentes funcións. Adquirindo o 100% da sociedade no ano 2009 para asumir a Presidencia e Dirección Executiva.

Damos certidumbre sobre o que se pode facer nun lugar
Dalia Alende
Manuel Borobio
Arquitecto experto en ordenación do territorio e xestión de datos. Traballou na administración pública a nivel local e autonómico. Dirixiu e desenvolveu traballos recoñecidos por UNHábitat das Nacións Unidas como unha das 100 Mellores prácticas a nivel mundial. No ano 2014 polo proxecto educativo e social “12 meses 12 paisaxes” da Estratexia de Paisaxe de Galicia, e no 2012 polo Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, que tamén foi premio Nacional de Arquitectura e Urbanismo na XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.