LOGO_HORIZONTALLOGO_HORIZONTAL_NEGATIVOAbtemas-logo-HTLOGO_HORIZONTAL_NEGATIVO
  • Inicio
  • Traballos
  • Blog
  • Equipo
  • Contacto
  • Zona privada
  • ES
  • GL
  • EN
✕

Política de privacidade

En Abtemas SL comprometémonos a protexer a privacidade de quen nos facilita os seus datos. Esta páxina explica que datos recollemos, con que finalidade os tratamos e que dereitos lles asisten ás persoas usuarias, en cumprimento da normativa vixente de protección de datos.

O tratamento de datos persoais réxese pola Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) e polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (RXPD).

Responsable do tratamento

Os datos persoais recollidos a través de www.abtemas.es son tratados pola persoa responsable identificada a continuación.

  • Identidade Abtemas SL
  • Enderezo social Neira de Mosquera, 8, 4.º A — Santiago de Compostela
  • CIF B70113766
  • Correo electrónico dpd@abtemas.es

Información e consentimento

Os datos facilitados a través de www.abtemas.es poderán incorporarse aos tratamentos cuxa persoa responsable é Abtemas SL. Mediante a aceptación desta política de privacidade, a persoa usuaria queda informada e presta o seu consentimento libre, informado, específico e inequívoco para o tratamento dos seus datos persoais.

Finalidade do tratamento

Os datos trátanse exclusivamente para as finalidades derivadas da relación xurídica establecida coa persoa usuaria, entre as que se inclúen a xestión da relación contractual, o envío de información sobre actividades e servizos propios de Abtemas SL, e a prospección comercial cando medie o consentimento expreso.

No caso de persoas candidatas a un emprego que faciliten os seus datos a través do sitio web, a información recibida tratarase co fin de xestionar os procesos de selección e mantelas informadas das vacantes que se produzan na organización.

Conservación dos datos

Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais.

No caso de persoas candidatas a un emprego, os datos conservaranse durante un prazo máximo de dous anos desde a súa recepción, agás que antes se cubra o posto ou a persoa exerza o seu dereito de supresión.

Tipoloxía de datos tratados

As categorías de datos que poden ser obxecto de tratamento son as seguintes.

  • Datos de carácter identificativo
  • Información comercial
  • Datos económicos, financeiros e de seguros
  • Transaccións de bens e servizos
  • Características persoais
  • Circunstancias sociais
  • Datos académicos e profesionais
  • Detalles do emprego
  • Datos relativos a infraccións penais ou administrativas

Base xurídica do tratamento

O tratamento de datos en Abtemas SL fundaméntase nos seguintes títulos xurídicos do RXPD.

  • Art. 6.1.b RXPD Execución dun contrato ou aplicación de medidas precontractuais a petición do interesado ou interesada.
  • Art. 6.1.a RXPD Consentimento do interesado ou interesada, para tratamentos cuxa finalidade é a publicidade e a prospección comercial.
  • Art. 6.1.c RXPD Cumprimento dunha obrigación legal aplicable á persoa responsable do tratamento.

Cesión de datos a terceiros

Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos en que exista unha obrigación legal que así o esixa, ou cando sexa estritamente necesario para o cumprimento das finalidades derivadas da relación contractual.

Dereitos das persoas interesadas

Calquera persoa pode exercitar os dereitos recoñecidos polo RXPD e a LOPDGDD, entre os que se atopan os de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación do tratamento e oposición. Para iso, abonda con dirixir unha comunicación escrita á persoa responsable do tratamento, no enderezo indicado no apartado anterior, ou a través do correo electrónico dpd@abtemas.es, indicando o dereito que se desexa exercitar e achegando unha copia do documento acreditativo da identidade.

Se a persoa interesada considera que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), a través da súa sede electrónica en www.aepd.es.

  • Que facemos
  • Compromiso coa igualdade
  • Compromiso social
  • Xeomentores

Neira de Mosquera 8
15702 Santiago de Compostela. A Coruña.
abtemas@abtemas.es

© 2026 Abtemas SL · · Todos los derechos reservados · Aviso Legal · Política de Privacidad · Política de Cookies
    GL
    • ES
    • GL
    • EN