
O primeiro paso para a adaptación ao cambio climático. (2016-2018)
7 Maio, 2022Xestión territorial de infraestruturas verdes
Este mes de xaneiro publicamos xunto a Anxo Méndez e Paco Castillo un artigo que recolle dúas experiencias diferentes realizadas sobre o estudo da Infraestrutura Verde a diferentes escalas, baseadas na prestación de Servizos Ecosistémicos.
Podes acceder ao artigo completo nesta ligazón e á publicación completa no monográfico dedicado ás Infraestruturas Verdes na revista Cuadernos del Territorio de FUNDICOT.
O concepto de Infraestrutura Verde fórxase dentro da denominada eco-planificación ou planificación ecolóxica. Na súa xestación pódense citar numerosos autores de referencia (F. Law Oliste, Winston Spirn, Cedria Price, Patrick Jedes, Lewis Mumford), pero, disuadidos de facer unha longa lista das figuras que a conformaron, quixemos deixar constancia neste introdución recoñecemento ao traballo pioneiro de Ian McHarg (1969), que é considerado por moitos como un dos pais da ecoloxía da paisaxe.
O autor estableceu na súa obra máis emblemática –Deseñar coa natureza– o principio de que os procesos naturais que se producen na matriz biofísica deben ser o punto de partida da ordenación territorial. Neste libro xa podemos atopar o embrión do concepto de servizos ecosistémicos.Se estás interesado en saber como podemos axudarche dende abtemas a calcular e xestionar os servizos ecosistémicos, non dubides en contactar co noso equipo.
Se estás interesado en saber como podemos axudarche desde abtemas a calcular e xestionar os servizos dos ecosistemas, non dubides en contactar co noso equipo.
Infraestrutura verde PROT Cantabria 2016-2018


Resultados do cálculo dos servizos ecosistémicos en Santiago de Compostela



